martes, 8 de mayo de 2018

A que xogaban os nosos avós?

Neste trimestre 3º e 4º EP atopámonos mergullados nun novo proxecto no que están integradas as áreas de Educación Física, plástica e Lingua Galega. Comezamos cun debate, no que falábamos dos xogos que empregamos agora e o uso das novas tecnoloxías neles e, de súpeto, comezamos a pensar que facían os noso avós para divertirse... Es así comezou este proxecto no que a través da tradición oral, e únicamente empregando como fonte de información as entrevistas feitas aos maiores do noso entorno, tiñamos que investigar os xogos aos que eles xogaban de pequenos e facer unha recopilación e selección deles para crear un álbum no que poder plasmalos. Tamén pensamos que xogo tradicional poderíamos construir coas nosas propias mans e, despois de discutir na clase, decidimos facer con materiais reciclados o xogo da rá.

E, por suposto, non podía faltar a parte práctica dos
xogos, posto que queremos experimentar por nós mesmos se realmente estas actividades que estamos a descubrir son divertidos! Conforme vaia avanzando o proxecto esperamos que algún dos nosos avós ou avoas se animen a vir a xogar con nós e contarnos un pouco sobre aqueles tempos. Seguiremos informándovos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario