jueves, 30 de noviembre de 2017

PROXECTO "IMOS AO MERCADO"

Os alumnos de 3º e 4º estivemos traballando no proxecto interdisciplinar "Imos ao mercado".
Os obxetivos xerais son:
- Coñecer a orixe dos alimentos.
- Investigar sobre os coidados que precisan as plantas.
- Familiarizarse co uso de billetes e moedas en situacións da vida cotiá.
- Colaborar para crear un mercado na clase.
- Realizar comprar reais no mercado do pobo.
Empezamos cunha choiva de ideas: que sabemos da agricultura?

Continuamos coa destreza de pensamento COMPARA E CONTRASTA, cultivos urbanos/cultivos na horta.
Investigamos a proceso de cultivo de diversos productos:


En equipos decidimos que tipo de tenda íamos montar na clase: peixaría, carnicería, bar, panadería, floristería.  Diseñamos os carteis e puxemos á venta os produtos. Por turnos, adoptamos o rol de compradores e de vendedores. Foi ben entretido.





O que máis nos gustou foi a compra real no mercado de Pontedeume. Os vendedores foron moi amables contestando as nosas preguntas. Fixéronnos moitos agasallos: flores, froitas... custounos gastar os 3 € que levamos!









Voltamos para o cole cargados cunha compra saudable e con algúns encargos dos nosos pais. Unha saída ben aproveitada.







No hay comentarios:

Publicar un comentario